Aqui
tedes o
videoclip que nos fixeron os nosos heroes
Isaac Cordal e Roi Fernández (o tocaio do
baixisa, o que é bo
pavo) de Fundación Intemperie. O alumbramento ven cun
pan debaixo do brazo, xa que quedou finalista no
Festival Internacional de Videoclips
Musiclip. Podedelo ver en boa calidade na
web de
galiciaaraias.com
Charades + The
Homens
Charades achegaranse en xuño a Galiza a
presentar o seu novo disco "En ningún lugar",
probablemente o mellor disco que escoitamos este ano. Teremos
o pracer de acompañalas nos seus concertos de Vigo e Ferrol.
Consultade o resto de datas
aqui.
Merchandising
Temos novas camisetas. Estarán dispoñibles nos
nosos concertos.
Non podo máis
segundo Projecto Mourente
Unha
das persoas que máis admiramos no Mundo Mundial,
o noso querido
Carlos Valcárcel, tamén coñecido coma
Projecto Mourente, acábanos de facer este
precioso
agasallo. Trátase da súa visión de Non podo
máis, e como ven ocorrendo últimamente, a
versión é mellor que o orixinal. Desfrutádea e
estade atentos porque Mourente está rematando a
gravación do seu segundo disco e aseguramos que
o ides flipar.
Aabamos de publicar un single en Lixo
Urbano/Crack Records coa nosa banda irmá
Samesugas. Trátase dunha edición limitada de 500
copias en vinilo laranxa de dous temas inéditos
de cada banda e dunha versión por grupo; nós
facemos 'Sara e Loli' ('Sad & Lonely' no
orixinal) e Samesugas fan 'Desaparece'. Podedelo
atopar nos nosos concertos, no Bartolo e Tenda
Reixa (Santiago) ou enviando un mail a
info@crackrecords.es
Cara
Samesugas:
1.- Let You Win (Samesugas)
2.- Desaparece (The Homens)
Cara The Homens:
1.-Nada que aproveitar (The Homens)
2.-Sara e Loli (Samesugas)
Xira de presentación
Na
sección de concertos
tedes as datas
actualizadas
da xira de presentación de Tres.
Estamos de volta
Xa
está nas tendas o primeiro disco longo de The
Homens!
Tres
(Falcatruada,
2007) estará editado nun
formato especial que inclúe vinilo, cd de audio,
mp3 e póster con pasatempo incluído, ademáis da
versión habitual con cd de audio e mp3. Tamén
podes escoitar as cancións entrando na sección
de descargas da web
que estreamos para celebrar o nacemento deste
novo traballo.
Podedes adquirir Tres a través de internet en
trastenda.com, nas
vosas tendas de discos habituais e nos nosos
concertos
Lóxica aplastante: detrás do #1 vai o
#2, e, máis tarde, o Tres. Despois de tres
anos percorrendo sen parar os escenarios de toda
Galicia e de Portugal, The Homens presentámosvos
o noso primeiro disco longo, gravado nos
Estudios Ultramarinos Costa Brava baixo a
supervisión de
Santi García
e Víctor
García.
Do extremismo melódico ao ruído espeso, do punk
desatado aos arranxos delicados, Tres contén
once liscas de pop enerxético, guitarras
ruxidoras e estribillos cantables que xa podes
atopar na túa tenda de discos ou vía internet